Temas: FEIJóO XUNTA PP

Desmontando a “Galicia excepcional” de Feijóo

O presidente da Xunta presenta o balance da súa lexislatura, no que destaca que a economía galega crece sobre "bases sólidas". Porén, a precaria realidade de centos de miles de galegos contradí ese mundo que debuxan os conservadores, que tamén presumen de defensa da sanidade e da educación públicas, malia os conflitos sociais xerados polas súas políticas.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 27/08/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentou este venres o balance da súa xestión á fronte do Goberno Galego. Como era de esperar, os conservadores presentan unha realidade idílica na que todo parece ir ben: máis emprego, menos impostos, mellor sanidade e educación públicas, estabilidade orzamentaria, mellores prestacións sociais, máis apoio aos mozos, emprendedores, rural e sector pesqueiro, máis investimentos en comunicacións, máis defensa da lingua galega, maior transparencia política e defensa do autogoberno... Pero, é real esta "Galicia excepcional", como así a chaman Feijóo e os seus no seu balance de goberno? A realidade, cando menos a de pé de rúa, parece contradicilos. Analizamos os principais "avances" presentados polo PPdeG nesta lexislatura con algúns dos últimos datos que cuestionan a retórica dos populares en materia de economía e emprego, e servizos públicos.

Feijóo en San Caetano.
Feijóo en San Caetano.

ECONOMÍA E EMPREGO

Segundo os populares, “Galicia crece e crea emprego de xeito continuado desde hai dous anos e a previsión é que o siga facendo con máis intensidade este 2016”, sobre "bases sólidas", que se substentan principalmente no comercio exterior e non tanto na economía interna do país. Os datos positivos dos que presume o PPdeG teñen máis que ver con realidades macroeconómicas e non tanto microeconómicas, impulsados pola recuperación global. Mentres, a realidade que viven os cidadáns segue sendo a dun contexto de incertezas, afogamento económico e traballo precario e temporal.

Malia que a economía galega creceu no último trimestre a un ritmo do 0,8% e a un 3% na taxa interanual, este crecemento segue sen asegurar mellores condicións laborais e mesmo coincide cun aumento dos despedimentos colectivos no país. Así, o número de traballadores afectados por despedimentos colectivos aumentou en Galicia no primeiro semestre un 82,3% en relación co mesmo período do ano anterior, ata 904, segundo os datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

As cifras relacionadas co emprego tamén son malas no que se refire á suspensión de contratos, que se incrementaron nun 43,9%, afectando a 2.936 traballadores durante os seis primeiros meses do ano.

Protesta dos traballadores do SERGAS no hospital Álvaro Cunqueiro
Protesta dos traballadores do SERGAS no hospital Álvaro Cunqueiro | Fonte: CIG

En total, as regulacións de emprego, nas súas distintas modalidades, experimentaron un ascenso do 36% na primeira metade do ano en Galicia, ata 4.279, e é a cuarta autonomía con máis traballadores afectados polos ERE.

Outro dato que cuestiona a "Galicia excepcional" de Feijóo é o do número de altas e baixas na Seguridade Social. Só durante o ano 2015, en Galicia se rexistraron nada menos que 1,39 millóns de altas e 1,38 millóns de baixas, é dicir, 2,8 millóns de movementos, pero cun aumento neto de afiliados que non superou os 19.354, o cal indica claramente que os postos de traballo que se están creando son de moi baixa calidade, de moi curta duración —mesmo de horas para un só día— e precarios.

Ademais, dende 2008 e ata 2016 o número total de persoas que levan máis de dous anos sen emprego en Galicia ascendeu de 15.300 a 94.800, aínda que dende 2015 descendeu un 15%. Segundo Eurostat, os parados de longa duración en España só aumentaron en Galicia e na Comunidad de Madrid. Así, no noso país pasaron do 53.4% en 2014 ao 54.7% en 2015, colocando a Galicia na oitava posición no Estado; mentres qu en de Madrid pasou do 53.4% ao 55,7%.

A situación tamén é dramática para os autónomos galegos. De feito, Galicia liderou en 2015 as solicitudes de prestación por cese de actividade de autónomos en España, co 23,9% do total das presentadas en todo o Estado.

Os datos de paro de Galicia sitúana mesmo á cola de Europa. Eurostat, a oficina de estatística da Comisión Europea, publicou recentemente un informe no que sitúa a Galicia no grupo de 29 rexións coas taxas de paro máis altas da Unión Europea. A comunidade galega é marcada en vermello no mapa do desemprego europeo e é, xunto con Asturias, a única rexión do norte de España incluída no grupo de cola en emprego, composto exclusivamente por rexións do sur de Europa.

O informe de Eurostat, con datos de 274 rexións do ano 2015, divide as rexións europeas en cinco grupos: as que teñen unha taxa de paro por debaixo do 4,7%, as que están entre o 7,2% e o 11,8%, as situadas entre o 11,9% e o 18,7% e, por último, as que superan o 18,8%, marcadas en vermello. É neste último grupo no que se sitúa Galicia.

Malia que a comunidade galega conseguiu rebaixar a taxa de paro en 2,4 puntos entre os anos 2014 e 2015, non logrou saír dese grupo de cola. De feito, a baixada do paro en Galicia non é excepcional, xa que a maioría das rexións europeas reduciron a súa taxa de desemprego en 2015 grazas ao efecto contaxio da recuperación económica global.

Galicia tamén conseguiu rebaixar o paro entre os máis novos, no grupo de 15 a 24 anos de idade, pasando do 48.5% en 2014 ao 43.5% en 2015, ocupando tamén o noveno posto no Estado coas taxas máis altas.

Os datos que desmontan a Galicia idílica de Feijóo non rematan aí. No primeiro trimestre deste ano, a nosa autonomía foi a que máis emprego destruíu no Estado. En concreto, o 42,8% do total de novos parados en España rexistráronse en Galicia. Isto supuxo que en Galicia se destruíu emprego a un ritmo 9,2 veces maior que o do total do Estado, onde neste trimestre o paro subiu apenas un 0,25%, mentres que na autonomía fíxoo nun 2,31%. 

Do lado empresarial, o panorama tamén segue sendo negro, cunha fuga de empresas. Un total de 154 empresas deixaron Galicia no 2015 para trasladar o seu domicilio fiscal a outros puntos de España, mentres que só 135 emigraron doutras autonomías a Galicia. Un balance negativo que supón un estancamento da economía e un retroceso da converxencia do país co conxunto do Estado, segundo o Foro Económico de Galicia.

E á fuga de empresas hai que engadir a perda de poboación, principalmente polo envellecemento e a emigración masiva, principalmente de mozos que buscan noutros puntos do Estado e no estranxeiro oportunidades de traballo que non atopan no noso país. En concreto, perdemos 13.988 habitantes en 2015 fronte a 2014, ata quedar nun total de 2.734.656 residentes, segundo as cifras do Instituto Nacional de Estatística (INE). Este descenso en Galicia do 0,51% é máis elevado que a perda do 0,02% de media do Estado.

Dende 2009, a comunidade de galegos residentes no exterior aumentou en máis de 120.000. Deste xeito, por primeira vez, o número de galegos no estranxeiro superou a barreira do medio millón. En concreto, a 1 de xaneiro de 2016 había 503.840 galegos no exterior, segundo os datos do INE, os cales representan o 21,85% do total da emigración española.

SANIDADE E EDUCACIÓN

Segundo os populares, “En Galicia a Sanidade pública conta con máis prestacións e dereitos, máis e mellores hospitais e centros de saúde, e mellor tecnoloxía”. Porén, as políticas de xestión da sanidade galega nos últimos anos xeraron un importante conflito social pola privatización e recortes de servizos. De feito, este ataque directo aos servizos públicos sanitarios contribuíu a un incremento do 0,3 por cento na cifra de asegurados da sanidade privada entre os anos 2012 e 2015, cando se pasou de 370.532 persoas a 374.017.

Así, por exemplo, o sindicato médico CESM Galicia insiste en que o sistema sanitario "se mantén exclusivamente a custa do esforzo" dos profesionais que, "con menor orzamento, recortes en persoal, incrementos de xornada e de cargas de traballo," segundo subliña, conseguen "mantelo a flote".

O certo é que o gasto sanitario en Galicia é reducido, por debaixo dos 1.232 euros da media estatal por habitante.

Entre os acontecementos máis polémicos arredor das políticas sanitarias da Xunta atópanse a xestión do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, exemplo de privatización de servizos públicos, e a crise da hepatite C, que causou mortes en Galicia polo desabastecemento de medicamentos, denunciado polos familiares dos afectados e persoal médico, e aos que o presidente Feijóo cualificou como "indignos".

Ademais, aínda que a espera media para operarse nos hospitais do Sergas, incluído Povisa, baixou nos primeiros seis meses do 2016 ata os 61,6 días, case quince por debaixo do ano anterior, non acontece o mesmo coa espera cirúrxica dos pacientes máis graves, os de prioridade 1, que esperan máis nos hospitais de Santiago, Ferrol, Vigo e Valdeorras, así como no Lucus Augusti, que case duplica os seus datos de demora.

No terreo da educación tamén foron moitas as polémicas suscitadas polas políticas do PP. A última, a denuncia de Confapa Galicia, que critica que mentres o gasto das familias en comedores escolares se incrementou en tres anos nun 8,23 por cento, o gasto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en comedores escolares xestionados polas Anpas se recortou nun 19,54 por cento.

Tamén a A CIG-Ensino, principal sindicato no sector, denunciou que a Consellaría de Educación aproveita as datas de verán para recortar unidades e postos de traballo. En concreto as unidades suprimidas son un total de 84 e os postos de traballo son 133. Fronte a isto, as unidades creadas son só 16 e os postos aos que dan lugar non pasan de 32. O balance é pois de 68 unidades e 101 postos de traballo menos.

No centro da polémica tamén estivo recentemente o sistema de reválida. Partidos da oposición, sindicatos e entidades sociais criticaron as probas de 3º de Primaria da Lomce, as chamadas 'reválidas', que se celebraron en Galicia, e que tiveron escaso éxito grazas ao boicot dos pais e nais.

Por outra banda, unha das grandes apostas da Xunta na educación, a dixitalización das aulas, tamén se amosou como un proxecto fracasado. O Proxecto E-DIXGAL da Xunta, para a implantación dos libros de texto dixitais nas aulas do país, está contribuíndo a que emerxa unha "nova fenda dixital no sistema educativo galego que leva á exclusión dentro dunha rede pública de centros". Ademais, a aplicación do proxecto semella errada, xa que logrou "un alcance pouco significativo do libro de texto dixital no conxunto do sistema educativo". Así o conlúe un estudo elaborado por investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (USC), publicado na revista científica Profesorado.

E pendente queda a renovación do profesorado galego. Na actualidade hai xa máis profesores maiores de 60 anos que menores de 30. E o maior número de docentes, con diferenza, son aqueles que xa superan os 50 anos. Esta falta de renovación débese a que nos últimos anos se limitou a oferta de emprego público, especialmente, no sector educativo. Hoxe só un 5,2 % deste colectivo ten menos de 30 anos no Estado, unha cifra que en Galicia se reduce até o 3,55%.

Si hai que salientar, como dato positivo, que Galicia rexistrou no segundo trimestre de 2016 unha taxa de abandono educativo temperán do 15,1 por cento, co que alcanza practicamente o obxectivo do 15 por cento fixado pola Unión Europea na Estratexia de Educación e Formación para o ano 2020 en España.

Todos estes son só algúns dos indicadores máis recentes que demostran que a "Galicia excepcional" de Feijóo non é tan marabillosa como a pinta no seu balance

Protesta dos traballadores de Frigolouro diante da delegación da Xunta
Protesta dos traballadores de Frigolouro diante da delegación da Xunta | Fonte: CIG
Temas: FEIJóO XUNTA PP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

4 galiza si expaña non

si na Galiza creceron as exportacions pero que supon para Galiza e para os galegos ... NADA NOS ESTAN ROUBANDO OS EXPAÑOIS DE SEMPRE, o gobernó PP e un gobernó traidor a patria galega, son porcos expañolentos que teñen arruinado o país son cadelos fascistas que merecen o xuizo e a cadea, deben ser tratados moi duramente pois sus crimes e traizons a patria galega son moi grandes, teñen un sistema ladron un sistema criminal que está arruinando a Galiza e o pobo

3 Leo

O amigo de Dorado é moito, colle uns millóns dos nosos euros e unta a Coz de Galicia coa coartada das campañas turísticas, e leva catro meses de titulares do bo xestor que é , do que traballa por Galicia, da desunión da oposición...incrible a democracia orgánica na que vivimos.

1 Bufffff

Non sei se o sabes pero a democracia orgánica foi propugnada por xentes de esquerdas como Salvador de Madariaga e outros vinculados á Institución libre de Enseñanza como Giner de los Ríos. Crían que non era posible a representación a través dos partidos nunha auténtica democracia pq estes pugnaban por ver quen enganaba mellor aos votantes para chegar ao poder, subordinando os intereses xerais, o ben común, etc. ante os intereses de partido e os seus mantidos. Vamos, que para aqueles esquerdistas que propugnaban unha democracia orgánica, os partidos non fan o que recomendou quen durante tantos anos foi o noso Caudillo: "deponer, ante los supremos intereses de la Patria y el pueblo español, toda mira personal".

2 Leo

Con Democracia orgánica referíame,ao réxime político resultante da Gloriosa Cruzada...pola sinxela razón de que estes elementos que estamos a sufrir hoxe son os herdeiros daquel réxime. Saúde e paciencia

2 C. Paradela

Moi ben GC por "desmontar" a Feixo, un farsante, teno ben merecido. Certamente, non sodes tan esixentes con outras lagoas nada limpas do PP (os Baltares, por exemplo), vos saberedes... Descabalgades con frecuencia a UPG, recoñezo que resulta gozoso ver como destapades a impostores. Coas continuadas traicions do PSOE sodes mais amigables, cousas veredes... E da Marea, nada de critica, axudando a subilos ao poder e escondendo os que foxen desde Ferrolterra, Sarria, Arzua ou Ribadavia, nin liña dos insultos da deputada bocazas, ocultando o fascista de Podemos, bendicindo as primarias e a escolla a dedo do candidato, aplaudindo os desaguisados dos alcaldiños... Ben, cada quen pode montar ou desmontar a quen se deixe, pero resulta necesario saber quen ben sendo o dono da burra.

1 Comunista

O que está defintivamente desmontado é o BnG dende o momento no que os catro que quedan se fixeron adoradores á desesperada de Inda e do seu OKdiario. Cousa patética de xente e cousa lamentábel de organización. (Os habituais insultos aquí abaixo >>>>>>).

2 C. Paradela

Comunista, para dar leccions hai que ser libre. E ti non o es, asi que amamantado do partido de turno aprende a ler, digo "impostores" polo BNG, noutro fio de hoxe, ben anterior no tempo (para que non acuses de bailarin) expreso a miña total desconfianza co BNG (touros en Pontevedra), logo miñaxoia o que vai en burra de partido es ti (sobra con entrar en calquera comentario queasinas para certificalo). Unha magoa que serviles, que maman do leite da burra, pretendan dar leccions pasandose por libres. E claro que vos molesta a critica, escoce na barriguiña alimentada, pois non fai falta ler medios da caverna, desde Faro a La Voz publicaron as palabras de Pam, o falanxista de Podemos e as desercions en masa das Mareas. GC non, ti saberas que ocultades? Non foron desmentidas, logo son certas! Un insulto non sera ocultar a realidade? O leite da burra debe ser ben doce, que aproveite!

1 Queremos saber

E da orientación sexual de Núñez xa se vai dicir algo? Ou vai seguir no armario con Pachi?

1 Anonymous

E da túa imos saber algo? En serio, esa é toda a túa preocupación? Lamentable comentario. Ti segue co teu aburrimento, que outros xa nos preocupamos por ti e os que son coma ti polo paro, a precariedade, a privatización de servizos, etc.